subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Esta medianoite levántase o peche perimetral do Concello de Oroso, que pasa a un nivel básico de restricións


orosoO Concello de Oroso informa de que o comité clínico da Xunta decidiu esta mesma mañá levantar o peche perimetral do Concello de Oroso, unha medida que entrará en vigor esta próxima medianoite.

Ademais, Oroso pasa a estar ás 00:00 horas de mañá nun nivel de restricións BÁSICO, que supón que os locais de hostalaría poderán abrir co 50% do aforo interior, o 75% de aforo nas terrazas, grupos de seis persoas como máximo e ata as 23:00 horas.

O alcalde, Manuel Mirás, amosa a súa satisfacción pola nova decisión do comité clínico, despois de asegurar onte que “non entendía” as medidas impostas para Oroso.

No concello hai hoxe, venres 4 de decembro, 10 casos activos de coronavirus, segundo nos comunican da xerencia da área sanitaria. Todos eles están recuperándose nos seus domicilios. Non hai ningún ingresado nos hospitais.

A evolución da situación epidemiolóxica no municipio mantén unha tendencia positiva, grazas ao esforzo de tod@s, pero é fundamental manter o respecto ás recomendacións hixiénico-sanitarias nas próximas datas.

Temos por diante unha ponte festiva na que temos que respectar as medidas e limitar a interacción social, sobre todo nos espazos interiores.