Guía da hostalaría de Oroso con servizo para levar
O Concello de Oroso publica esta relación dos locais de hostalaría que dispoñen de servizo de comida para levar.
Desde a Concellería de Promoción Económica de Oroso anímase á veciñanza a seguir consumindo desta maneira nos locais, co obxectivo de que o peche sexa algo más levadeiro.
Os locais que non están nesta lista e dispoñen tamén do servizo, que non dubiden en poñerse en contacto co concello para ser incluídos na guía.
Toca facer un esforzo conxunto para frear a expansión do virus, por iso é fundamental que respectemos todas as medidas de prevención, evitando a interacción social cos non conviventes.
LEMBRADE ademais que xa está aberto o prazo para solicitar as achegas do programa PEL-Reactiva da Deputación da Coruña, destinadas a pemes e autónomos con actividade no municipio e afectados pola pandemia do coronavirus.
Estas axudas da liña PEL-Reactiva poderán solicitalas os autónomos e microempresas que se viran afectadas polo peche do negocio durante o estado de alarma, así coma aquelas que viran reducida a súa facturación en máis dun 75% ou se acolleran a un ERTE.
As solicitudes realizarase por vía telemática a través da sede electrónica do Concello. O prazo de presentación finalizará ás 14:00 horas do día 25 de novembro de 2020.