Aprazamento das actividades deportivas municipais e dos obradoiros culturais
Segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade da Xunta, o Concello de Oroso acaba de baixar ao nivel de alerta epidemiolóxica 1 (AMARELO), é dicir, entre 7 e 14 casos positivos de coronavirus confirmados por PCR nos últimos sete días.
O Concello de Oroso, para preservar a saúde da veciñanza e como medida de prevención para frear o ritmo de contaxios, tomou hoxe a decisión de aprazar as actividades deportivas municipais e os obradoiros culturais 2020/21.
As limitacións para celebrar reunións impostas en toda Galicia e a necesidade de evitar que a curva de contaxios medre levou ao concello a tomar esta decisión. As actividades se retomarán en canto a situación sanitaria o permita.
Polo momento, esta decisión non afecta aos espectáculos e actividades culturais que xa estaban programadas e anunciadas, como os obradoiros de Samaín de mañá.
Continúan tamén polo momento os adestramentos e actividades deportivas federadas, aínda que a Concellería de Deportes de Oroso está en contacto permanente cos clubs e non se descartan medidas restrictivas, en función da evolución sanitaria e das limitacións á mobilidade que poidan tomar concellos limítrofes.
Todas as instalacións deportivas municipais pecharán ás 22:00 horas polo estado de alarma.
Unha vez máis, desde o Concello de Oroso facemos un chamamento á responsabilidade de tod@s. É fundamental respectar todas as recomendacións sanitarias e de interacción social.
As próximas semanas serán fundamentais para frear o ritmo de contaxios.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!