subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso abre a inscrición nas actividades deportivas cunha oferta de 18 modalidades


orosoO Concello de Oroso abre desde este luns, 19 de outubro, e ata o día 29 o prazo de inscrición nas actividades deportivas municipais para o curso 2020-2021. As prazas adxudicaranse por sorteo se hai máis demanda que oferta.

A oferta de actividades é de 18 especialidades deportivas diferentes: patinaxe, tenis, fútbol, tenis de mesa, taekwondo, zumba, atletismo, hípica, ximnasia de mantemento, ciclismo, béisbol, hockey, xadrez, pilates, ximnasia rítmica, aerobic, golf e fútbol sala.

“Para o grupo de goberno do Concello de Oroso, a práctica deportiva e os hábitos de vida saudables son unha prioridade, máis de 1.000 veciños e veciñas fan algún deporte e, dentro das limitacións pola actual situación sanitaria, ofrecemos unha oferta o máis completa posible”, sostén Antonio Leira, concelleiro de Deportes.

O Concello quere agradecer a colaboración dos clubes deportivos de Oroso, que coordinan coa Concellería de Deportes a posta en marcha das actividades.

Terán preferencia os empadroados en Oroso e os inscritos o ano pasado, que obterán un desconto. Máis información nas oficinas do Centro Deportivo de Sigüeiro (981 927 901 e 616 408 598) ou na web do concello.