subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso abre o prazo de matrícula no Curso de Preparación das Probas Libres para obter o Graduado en Educación Secundaria


O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 23 de outubro.

O xoves día 29 de outubro de 2020 realizaranse as probas de acceso na Aula de Formación EducaOroso a partir das 18:00 horas.

Unha vez realizada a proba e publicado o listaxe de aspirantes admitidos, o curso dará comezo o xoves día 5 de novembro de 2020.

orosoO Concello de Oroso abre o prazo de matrícula para un curso gratuíto de preparación das probas libres para obter o título de Graduado en Educación Secundaria (ESO). O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 23 de outubro con un número de prazas é limitado.

O número de prazas dispoñibles será de 10. O único requisito para participar é ter 18 anos e realizar unha pequena proba de acceso, que se realiza coa finalidade de establecer un punto de partida homoxéneo para todos os alumnos e alumnas do curso.

Ao longo do curso abordaranse os temas máis salientables da educación secundaria para adultos coa finalidade de recoñecer os obxectivos principais desta etapa educativa e poder superar a proba libre que se convoca anualmente a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a obtención do Graduado en ESO.

As solicitudes deberán presentarse no modelo de instancia establecida polo Concello de Oroso no rexistro oficial do Concello, praza Isaac Díaz Pardo nº 1, 15888. Sigüeiro. Oroso, ata o 23 de outubro de 2020.

Para máis información dirixirse á Aula de Formación de Adultos EducaOroso, emprazada no departamento de Servizos Sociais (rúa do Deporte s/n), nos teléfonos 981 688 950 e 981 973 927 ou no seguinte correo electrónico: educaoroso@oroso.gal


[Descargar solicitude]

[Descargar Convocatoria]