subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Entrega diplomas cursos de natación


orosoUn total 94 de nenos e nenas de 4 a 16 anos participan nos cursos de natación que rematan o vindeiro venres.

O Concello de Oroso fará a entrega dos diplomas, de xeito que cada monitor ao rematar a sesión fará a entrega correspondente a cada grupo do diploma e o agasallo.

Durante a tarde continuará a celebración do peche con animación e hinchables acuáticos.

Grazas á nova cuberta da piscina, a media de asistencia foi moi superior a anteriores anos debido á boa temperatura da auga e do interior da instalación.