Cambios no control do aforo da piscina municipal
O Concello de Oroso informa dun cambio no control do acceso á piscina municipal, unha medida obrigada este ano polo coronavirus.
A partir de hoxe, o control será presencial por parte do persoal da piscina. Unha vez que se chegue ao aforo recomendado, non poderá acceder máis xente.
Deixa de estar operativa a aplicación para as reservas, xa que hai moitas persoas que a utilizan e despois non van á piscina, dificultando o sistema de control e impedindo que outros usuarios e usuarias poidan acceder.
As reservas feitas ata hoxe na aplicación manteñen a súa valía.
Como medida de axuda ás familias, lembrade que a entrada é gratuíta este ano, tendo preferencia os empadroados en Oroso.
A entrada ás instalacións realízase tendo en conta o seu aforo e sempre respectando unha distancia preventiva mínima de polo menos 1,5 metros. Estas medidas aplícanse especialmente na zona de recepción, os vestiarios e as duchas.
Ademais, o concello puxo a dispor dos usuarios sistemas para a desinfección de mans á entrada da instalación e unha zona de limpeza e desinfección.