Oroso axuda aos seus veciños no trámite do Ingreso Mínimo Vital
O Concello de Oroso habilita un servizo de axuda para os cidadáns na solicitude do Ingreso Mínimo Vital, unha prestación moi necesaria nestes momentos, e que servirá de sustento a miles de fogares, da seguinte maneira:
- Informamos da prestación e os seus requisitos de acceso.
- Asesoramos nos documentos que deben presentar.
- Mostramos as distintas vías de presentación da solicitude.
- Deixando un ordenador para que poidas realizar a túa solicitude.
Será preciso acudir con cita previa, chama ao 981 97 36 71 e solicita a túa cita.
PRAZOS
Desde o 15 de xuño xa se poden presentar as solicitudes na páxina web da Seguridade Social www.seg-social.es.
Para que os beneficiarios poidan solicitar a documentación e non sufran perda de dereitos en todas as solicitudes presentadas ata o 15 de setembro os efectos económicos da prestación retrotraeranse ao día 1 de xuño.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
- Acreditación da identidade (DNI/ NIE)
- Acreditación da residencia legal en España
- Certificado de empadroamento colectivo e histórico onde consten todas as persoas e datas empadroadas no domicilio, e a data de antigüidade.
- Libro de familia que acredite afiliación das persoas que forman parte da unidade de convivencia.
- Declaración responsable ingresos e patrimonio
- Outra documentación que poida ser necesaria en determinados casos (sentenza de garda e custodia, convenio regulador , copia da demanda de separación ou divorcio…)
XEITOS DE PRESENTAR
- Formulario con identificación electrónica
- Formulario sen identificación electrónica
- Correo postal
- Presencial, só con cita previa nun centro de atención e información da seguridade social: 900 20 22 22
No seguinte enlace podes descarga a guia IMV
Descarga a solicitude