subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Restablecemento do procedemento de adminisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil e educación primaria


orosoPara o coñecemento de toda a comunidade educativa, comunícase o restablecemento do proceso de matrícula de cara ao curso 20-21.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se de­clarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

Este proceso so o teñen que facer as familias que non presentaron a documentación nos prazos anteriores: febreiro (alumnado que vai para o CEIP Sigüeiro) e marzo (alumnado que se matricula por primeira vez no CRA ou vai para o CEIP Camiño Inglés).

Para mais información pode consultar os seguintes enlaces:

CRAOROSO: https://www.edu.xunta.gal/centros/craoroso

CEIP Sigüeiro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsigueiro

CEIP Camiño Inglés: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcaminhoingles