subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso estudará na comisición escpecial de contas que axudas pode dar aos negocios locais que tiveron que parar a súa actividade pola pandemia


orosoO Concello de Oroso estudará, na súa comisión informativa especial de Contas, Facenda e Patrimonio, que medidas e axudas pode destinar aos negocios locais e empresas que tiveron que parar a súa actividade pola pandemia do coronavirus.

Esta mañá celebrouse un pleno de carácter telemático que solicitara o grupo municipal do PP, que fixo durante a sesión unha proposta que obtivo un informe desfavorable por parte do servizo de Intervención do Concello.

A pesares deste informe, chegouse a un consenso no pleno para que sexa a citada comisión de Contas, con representación de todos os grupos políticos da corporación, a que evalúe as medidas e axudas concretas, xunto cos servizos técnicos e xurídicos do concello.

Durante as próximas datas, coincidindo coa desescalada e a progresiva reapertura do comercio, o Concello de Oroso porá a disposición dos establecementos material de protección como luvas e mascarillas, ademais de axudar ao sector en materia loxística.

No pleno de hoxe, gardouse un minuto de silencio na memoria de José Daniel Liste Moscoso e de todas as vítimas do coronavirus.