subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Centro de Saúde de Oroso non rexistra ningún caso novo de Coronavirus na última semana


orosoA Alcaldía de Oroso recibiu esta mañá os últimos datos do centro de saúde. Desde o pasado martes, 21 de abril, non rexistrou ningún novo caso de coronavirus e déronse catro altas.

A día de hoxe, quedan seis persoas en seguimento e só unha delas continúa hospitalizada. As demais están no seu domicilio.

Aínda que a evolución é boa, tanto o centro de saúde como o Concello de Oroso insisten na necesidade de manter todas as precaucións e respectar as medidas das autoridades sanitarias para evitar posibles repuntes