subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Novas medidas no Concello de Oroso pola crise do Coronavirus


orosoLembrade que esta tarde un camión quitaneves do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana estará ás 19:00 horas en Sigüeiro e os núcleos de poboación máis transitados do concello para nebulizar as súas rúas cun producto desinfectante, unha medida máis para evitar os contaxios por coronavirus.

Despois das xestións realizadas polo Concello de Oroso coa Delegación do Goberno en Galicia e a Demarcación de Estradas, o camión estará esta tarde en Sigüeiro.

Por outra parte, o concello impulsará tamén unha nova ronda de limpeza dos espazos públicos e os colectores de lixo, priorizando neste caso os núcleos do rural.

Ante a próxima saída escalonada dos nenos e nenas á rúa, o concello ultima xestións para conseguir mascarillas que poder repartir entre os máis pequenos.

Tamén hai contactos permanentes coa asociación de comerciantes, co obxectivo de poñer á súa disposición mascarillas, louvas e xel hidrohalcólico (EPI). Desta maneira, os traballadores estarán protexidos cando volvan abrir os negocios.

O reparto nos fogares rematou onte pola tarde. Se algún veciño ou veciña non as recibiu, pode chamar para pedilas aos teléfonos 667 830171, 629 810 399 ou 616 527 567. En canto a corporación reciba os pedidos que ten pendientes, haberá unha nova ronda por todos os fogares para deixar mascarillas.

Grazas pola vosa colaboración! #orosoquedanacasa