subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Actualización casos COVID-19 en Oroso e reparto de mascarillas


orosoA Alcaldía informa dos datos que lle transmitiu hoxe o centro de saúde de Oroso. Desde a semana pasada, rexistráronse 3 novos positivos por coronavirus e déronse 4 altas, polo que agora hai 10 persoas co Covid 19 en seguimento polo centro de saúde, das cales só unha está hospitalizada. Todas as demais están nos seus domicilios.

O Concello de Oroso desexa unha pronta recuperación a todos os enfermos e agradece o traballo dos e das profesionais do centro de saúde.

Por outra parte, o concello leva xa repartidas 6.500 mascarillas entre os fogares do municipio, os establecementos comerciais e o polígono industrial.

O reparto nos fogares rematará esta tarde. Se algún veciño non as recibiu, pode chamar para pedilas aos teléfonos 667 830171, 629 810 399 ou 616 527 567.

En canto a corporación reciba os pedidos que ten pendientes, haberá unha nova ronda por todos os fogares para deixar mascarillas.

A pesares das dificultades do mercado nacional e internacional, o concello mantén as xestións de forma constante para acadar o maior número posible de mascarillas.

Grazas pola vosa colaboración!

#orosoquedanacasa
#quedanacasa