Labores de limpeza e desinfección en Porto Avieira
Este luns 13 de abril, a partir das 09:00 horas, o equipo de limpeza do Concello de Oroso pasará polas rúas da urbanización de Porto Avieira para lavar e desinfectar.
O concello colocou este cartel nos vehículos alí estacionados para a súa información.
Desta forma, O Concello de Oroso continúa coas labores de limpeza e desinfección dos espazos públicos que comezaron o día 17 de marzo, presentando unha especial atención ás proximidades do centro de saúde, farmacias ou supermercados.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!