subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso pon en marcha unha iniciativa para felicitar o aniversario aos máis peques!


orosoO Concello de Oroso anima aos pais e nais dos nenos e nenas de nenos de ata 12 anos que estén de aniversario estes días a avisar ao concello.

Persoal de Protección Civil pasará por diante da súa fiestra para felicitarlle o aniversario cunha canción!

Os máis pequenos teñen tamén que sufrir as consecuencias do confinamento e o concello pon en marcha esta iniciativa para darlle unha sorpresa aos que cumpran anos.

Como facelo? tedes que escribir un mail a deportes@oroso.gal, como mínimo 24 horas antes do aniversario (se é posible antes, mellor).

Deixade o voso numero teléfono e o día do aniversario, entre as 16 e as 19 horas, Protección Civil pasará polo domicilio para a felicitación!