Coronavirus: Información dos servizos municipais
Debido á crise sanitaria que estamos a vivir, moitas das actividades víronse paralizadas ou limitadas, pero dende o departamento de Cultura continúase a traballar e estas son algunhas das tarefas que se están a facer nestes días:
-Catalogación de libros.
-Expurgación e organización dos estantes.
-Tramitación de memorias e xustificacións.
-Atención telefónica e telemática resolvendo dúbidas e consultas.
-Posta en marcha da impartición das clases de música mediante medios electrónicos.
-Conformación de facturas.
-Reorganización de calendarios de obradoiros culturais: debuxo e pintura, manualidades, etc.
-Actualización de redes ofrecendo acceso a recursos web gratuítos de entretenemento.
Do mesmo modo, nesta semana os funcionarios e empregados do Concello realizaron pagos a proveedores por importe de 86.000 euros, grazas ao sistema do teletraballo e á súa boa disposición.
Grazas polo voso traballo!