subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A aula EducaOroso oferta novos cursos CISCO-MENTOR


orosoA aula de formación EducaOroso abrirá no vindeiro mes de febreiro o prazo para inscribirse nos novos cursos de CISCO ofrecidos a través da Aula Mentor.

CCNA v6: Certificación Académica CISCO en redes de computadores.
Dita certificación na versión 6 consta de 4 módulos, tendo cada módulounha duración de cinco meses. Para cursar un módulo Cisco CCNA6 hai que superar previamente os módulos anteriores en Aula Mentor. Á súa vez, os alumnos que desexen completar cada módulo deberán manter activa a súa matrícula durante o sinalados cinco meses.

Módulo 1 CCNA v6: O obxectivo do curso é presentar os conceptos e tecnoloxías básicos de rede, desenvolvendo competencias necesarias para planificar e implementar redes pequenas.

Módulo 2 CCNA v6: Neste curso veranse os conceptos básicos de conmutación e enrutamiento dunha rede; axudando a planificar e implementar pequenas redes, incorporando unha gran variedade de aplicacións.

Módulo 3 CCNA v6: O obxectivo deste curso é presentar os conceptos e tecnoloxías básicos de redes; axudando a desenvolver as aptitudes necesarias para planificar e implementar redes pequenas.

Módulo 4 CCNA v6: O presente curso céntrase nas tecnoloxías e os servizos de rede WAN que requiren as aplicacións converxentes nunha rede complexa. Así, aprenderanse os criterios de selección de dispositivos de rede e de tecnoloxías WAN para cumprir cos requisitos da rede.

CCNA Ciber Ops(CCNA Operacións de Ciberseguridade): O curso formará aos alumnos en destrezas para coñecer as vulnerabilidades que se producen en Ciberseguridade, os sistemas operativos que utilizan; detectar os tipos de ataque, os métodos que utilizan; protexer os datos persoais, os corporativos, todas as infraestruturas, etc. É recomendable que o alumnado teña coñecementos básicos dos sistemas operativos Linux e Windows, coñecemento de redes equivalente aos módulos 1 e 2 de CCNA.

Linux Essentials: Linux Essentials é un curso de introdución sobre o sistema operativo Linux que foi desenvolvido por NDG. Cada vez é máis importante coñecer este sistema operativo amplamente estendido no mundo dos servidores de Internet, nalgúns equipos de usuario, en teléfonos de última xeración, en equipos de seguridade e nun longo etcétera de sistemas. O alumno fará prácticas cunha máquina virtual desde o comezo do curso.

PRAZO DE MATRICULACIÓN:
Até esgotar prazas

Do 3 ao 13 de febreiro
CCNAv6 (Módulos 1, 2, 3 e 4)
CCNA Ciber Ops

Do 24 de febreiro ao 5 de marzo
Linux Essentials

PROCEDEMENTO DE MATRICULACIÓN:
Os cursos CISCO ofertados dentro do programa Mentor, levan o mesmo custo mensual que o resto dos cursos, pero neste caso seguen unha planificación establecida cunha duración concreta de 5 meses os cursos CCNAv6 e CCNA Ciber Ops; e unha duración de 4 meses o curso Linux Essentials, o que leva un prezo pechado dos mesmos de 120€ para os casos de CCNAv6 e CCNA CiberOps; e 96€ no caso de Linux Essentials. Por tanto, para facilitar o proceso de pago do alumnado en devanditos cursos, establecéronse dúas modalidades para que o alumnado elixa a que máis lle poida interesar, tendo en conta que a matrícula deberá atoparse activa en todo momento ao longo dos períodos de duración dos cursos.

· Pago único coa totalidade do prezo de cada curso: CCNA: 120€ (5 meses)
Ciberseguridade: 120€ (5 meses)
Linux Essentials: 96€ (4 meses)

· B.Pago fraccionado en 2: o pago inicial será coincidente ao resto dos cursos Mentor (48€ / 2 meses), e farase unha única recarga co resto do custo que leva o curso CISCO correspondente.
CCNA: Pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses)
Ciberseguridade: Pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses)
Linux Essentials: Pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 48€ (2 meses)