subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Servizo Municipal de Auga de Oroso chega xa a 3000 vivendas e estrea novas instalacións cun innovador plan de atención aos usuarios.


“Melloraremos o servizo que lle damos aos veciños, cun centro de atención de avarías as 24 horas do día e outras innovacións técnicas”, asegura o alcalde Manuel Mirás

orosoO servizo de municipal de auga do Concello de Oroso, que chega xa a 3.000 vivendas, inaugurou hoxe unha novas instalacións e puxo en marcha un innovador plan de atención aos usuarios.

Na inauguración das oficinas, na rúa Rosalía de Castro de Oroso, o alcalde Manuel Mirás amosou a súa satisfacción “por esta nova etapa na que mellorará o servizo que lle damos aos veciños, cun centro de atención de avarías as 24 horas do día e outras innovacións técnicas”.

En concreto, a concesionaria Viaqua poñerá en marcha en Oroso o programa Aquacis, creado para mellorar a calidade de atención ao usuario e, á vez, aumentar a eficiencia nos procesos e no control do ciclo da auga. A día de hoxe, as tarifas para uso doméstico xa están en Oroso un 30% por debaixo da media da contorna.

Grazas a este novo software comercial, os usuarios recibirán alertas no seu móbil cando se produzan cortes no subministro por algunha incidencia, así como da hora de previsión do seu restablecemento. Tamén haberá un centro de atención telefónica as 24 horas e os 365 días do ano no que o usuario poderá realizar a maior parte dos procedementos: pagamentos, contratación, consultas de calquera tipo, queixas, avarías e incidencias.

Na web do servizo, ademais de información xeral, haberá enlaces directos a: contacto, oficina virtual, etcétera, cun alto compoñente educativo sobre a importancia dun manexo e consumo responsable da auga.

A partires do mes de setembro, empezarase a visitar os colexios públicos da man da mascota Troi para dar a coñecer a auga en Oroso a través do programa informático Aqualogía, que é unha ferramenta de educación ambiental dirixida a estudantes de Primaria. Dunha manera lúdica, adentrase no coñecemento da auga, utilizando recursos educativos dixitais e interactivos.