subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Bos resultados para o clube Ximnasia Oroso.


orosoO Clube Ximnasia Oroso participou este fin de semana en Ourense no XII Memorial Antonio Prada-Campionato Galego de Ximnasia Promoción. O equipo formado por Nuria, Noa, Lucía, Ainara e Ana, cunha grandísima actuación, rozou o podio nunha categoría sénior con moitos equipos clasificados. Os resultados foron os seguintes: conxunto sénior, 4º posto; Nuria Pájaro, 7º posto.

O fin de semana non terminou aquí, xa que o domingo tocou madrugar para participar no V Torneo Club Viravolta Santiago de Ximnasia Rítmica, no que novamente os resultados das ximnastas de Oroso foron os seguintes: Cadete Escolar, Prata. Con este torneo finaliza a competición oficial en categoría promoción na comunidade de Galicia. Desde o Concello de Oroso, queremos darvos as grazas polo voso esforzo durante todo o ano, estamos moi orgullosos de todas!