subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso convoca un curso gratuíto de ofimática con LibreOffice, preparatorio para a obtención do CODIX.


orosoO Concello de Oroso convoca un curso gratuíto de ofimática con LibreOffice, preparatorio para a obtención do CODIX, certificación galega de competencias dixitais en ofimática que acredita que o seu posuidor ten os coñecementos, capacidades e aptitudes precisas en materia de ofimática. Un curso de 22 horas de formación presencial, que se impartirán na Aula CeMIT de Oroso, entre o 5 e o 22 de marzo, de luns a xoves, en horario de 10:30 a 12:30 horas.

O obxectivo do curso é ofrecer unha visión ampla da informática no seu uso cotiá, facendo fincapé nas ferramentas tecnolóxicas de uso máis frecuente nunha oficina: procesadores de texto, follas de cálculo, bases de datos... Uns coñecementos que facultarán ao alumnado para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática: CODIX.

Os veciños e veciñas interesados en participar deberán anotarse no seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/es/actividade/24283. Poden consultar calquera dúbida na Aula CeMIT de Sigüeiro (rúa do Deporte, 7), no teléfono 981 688 950 ou a través do e-mail: educaoroso@concellooroso.com.