subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Vinte e cinco postos participarán mañá venres no Mercado da Artesanía de Oroso.


 

Un total de vinte e cinco postos participarán mañá venres 22 de decembro na segunda edición do Mercado da Artesanía de Oroso, que terá lugar nas rúas Xuncal e Río Lengüelle de 11:00 a 20:00 horas. Durante ese tempo, todos os veciños e veciñas terán á súa disposición distintas ofertas de artesanía, dende xoias, prendas de coiro e zapatillas deportivas ata produtos do campo ou doces artesanais.

Durante toda a xornada, todas as persoas que merquen nos postos de artesanía ou nos comercios asociados a Sigüeiro Vende recibirán como agasallo un vale para un chocolate quente, que se repartirá na praza Isaac Díaz Pardo entre as 17:00 a 19:00 horas. Durante este tempo tamén terá lugar un Obradoiro de Nadal gratuíto para os nenos e nenas.