subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso organiza unha recollida de alimentos e produtos de hixiene os días 15 e 16 de decembro.


orosoO Concello de Oroso organiza unha gran recollida de alimentos e produtos de hixiene para as familias máis necesitadas do municipio. Unha iniciativa solidaria que terá lugar este venres 15 e sábado 16 de decembro nos supermercados Familia e Covirán, que actuarán como puntos de recollida dos produtos.

A concelleira de Benestar Social, Beatriz Rodeiro, explica que “durante estes dous días haberá voluntarios e voluntarias nos supermercados Familia e Covirán de Sigüeiro para recoller alimentos e produtos de hixiene para facer máis sinxelo o día a día das familias máis necesitadas do noso concello”. Dende o Concello de Oroso aconsellan que os produtos que se doen estean debidamente empaquetados, non estean caducados nin teñan superado a data de consumo preferente.