EDUCAOROSO

Rede CeMIT.



A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia (Rede CeMIT) é unha iniciativa impulsada dende a Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Oroso, para potenciar o uso das TIC e a Sociedade da Información.

O obxectivo da CeMIT é o seguinte:

  • Ser un espazo aberto de comunicación.
  • Familiarizar á cidadanía coas novas canles e soportes audiovisuais de comunicación.
  • Facilitar o acceso público a Internet como medio de comunicación favorecendo a democratización de acceso aos servizos que proporciona a Sociedade da Información.
  • Mellorar a formación profesional dos profesionais do sector audiovisual e multimedia.

O CeMIT é un espazo acondicionado axeitadamente que dispón de material informático (ordenadores, impresoras, etc.), equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, sistemas de control, etc. que permiten realizar diferentes escenarios dependendo das necesidades técnicas do evento que se queira desenvolver.

O CeMIT pódese utilizar para realizar:

  • Cursos formativos e poñencias.
  • Teleformación.
  • Roldas de prensa.
  • Videoconferencias/multivideoconferencias, reunións de traballo, etc.
  • Visionado de audiovisuais.
  • Edición e creación de material multimedia e/ou audiovisual.