Novas do Concello
Fin de semana co I Carboeiro Fest e a Primavera no Camiño
O Concello de Oroso agarda recibir esta fin de semana a milleiros de persoas co gallo da celebración do I Carboeiro Fest, o sábado desde as 11.00 horas na Área Recreativa do Carboeiro, e da quinta edición da Primavera no Camiño Inglés, organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e que se celebrará o domingo na Alameda de Góis a partires das 10.45 horas.
Cursos gratuítos de natación 2022
O Concello de Oroso vén de abrir o prazo de inscrición nos cursos de natación Verán 2022, uns cursos gratuítos que se impartirán na piscina municipal de Sigüeiro entre o 1 e o 30 de xullo.
II Obradoiro de marketing local
A Aula de Formación EducaOroso impartirá de xeito gratuito dende o 13 ao 17 de xuño o II Obradoiro de Marketing Local coa intención de mellorar visibilidade e estratexia comercial dos pequenos negocios.
II Campus Obradoiro Cabreiroá
Presentado o II Campus de Baloncesto Obradoiro Cabreiroá que terá lugar nas pistas do CEIP do Camiño Inglés, pavillón do IES de Oroso e municipal de Oroso dende o 4 ao 8 de xullo.
Campus de Verán Fundación Celta
O alcalde, Luis Rey e o concelleiro de deportes, Antonio Leira, xunto cos responsables do campus, Manu Gomez e o director da Fundación Celta, German Arteta, presentaron o Campus de Verán 2022 que terá lugar no Campo Lino Balado de Sigüeiro do 27 de xuño ao 1 de xullo para nenos e nenas de 4 a 16 anos.
Día da bicicleta
O Concello de Oroso e a Asociación Troitamundos organizan conxuntamente a terceira edición do “Día da Bicicleta”, que terá lugar o domingo 19 de xuño. Unha iniciativa que inclúe unha marcha ciclista para todos os públicos e unha xincana para nenos e nenas de 3 a 13 anos.
Contacontos con María da Pontragha
Seguindo cos actos do Día das Letras Galegas, que para o noso Concello non remata pasando o día, continuamos coas actividades que se levan a cabo nos nosos centros educativos.