subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Plenos

Determinación da periodicidade das sesións do Pleno da Corporación

LOGO DE VER a Proposta da Alcaldía do 15/06/2011 que di:
“Periodicidade das sesións plenarias"
Proposta da Alcaldía

LOGO DE VER o artigos 46.2.a) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local; e o artigo 78.1 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais.

TENDO EN CONTA a necesidade de establecer un réxime de periodicidade das sesións do Pleno da Corporación.

TENDO EN CONTA as atribucións que me confire a lexislación de réxime local, propoño ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

PRIMEIRO. ESTABLECER unha periodicidade dass sesións ordinarias do Pleno da Corporación bimensual, tendo lugar a sesión o último xoves de cada mes; se ese día cadra en festivo, a sesión trasladarase á véspera. O primeiro pleno ordinario terá lugar o último xoves hábil do mes de xullo do ano en curso”.



  • Mostrados 10 de 65 plenos