subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso e o Grupo Vegalsa Eroski invitan aos veciños a unha plantación de árbores no Polígono Industrial de Sigüeiro


Os veciños que queiran participar poden anotarse na Casa do Concello ou no teléfono 981 691 478.

O Concello de Oroso e o grupo Vegalsa Eroski organizan para o vindeiro domingo 31 de xaneiro unha plantación de árbores en parcelas situadas no polígono industrial de Sigüeiro. Unha plantación de especies como carballos ou castiñeiros que se levará a cabo en homenaxe a Ventura González Prieto, fundador do grupo Vegalsa Eroski..

A repoboación con frondosas autóctonas caducifolias terá lugar nun total de 3,19 hectáreas distribuídas en distintas parcelas situadas no polígono industrial de Sigüeiro. Ao tratarse dun labor de carácter medioambiental, o Concello de Oroso invita a todos os veciños e veciñas que o desexen a participar nesta plantación de árbores. A cita é o domingo 31 de xaneiro, a partir das 10:00 horas, na entrada principal do polígono industrial de Sigüeiro. As anotacións poden realizarse na Casa do Concello ou chamando ao teléfono 981 691 478..