subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Agrupación de Protección Civil do Concello de Oroso recibe un novo furgón para o seu labor diario.


orosoA Agrupación de Protección Civil do Concello de Oroso recibiu un novo furgón para o seu labor diario. A tenente de alcalde, Vanesa Boo, acompañada pola responsable da agrupación, Encarnación Jiménez, acudiron aos actos de entrega na Cidade da Cultura, por parte do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

O Concello de Oroso é un dos 41 beneficiarios dunha convocatoria autonómica para reforzar os servizos de emerxencias en Galicia. O vehículo, un Renault Trafic con motor diésel e 120 CV de potencia, ten capacidade para nove pasaxeiros. É un equipamento que contribuirá decisivamente ao desenvolvemento da actividade de Protección Civil, ao facilitar o transporte dos voluntarios da agrupación, vinte na actualidade.

Vanesa Boo asegurou que “para o goberno de Oroso é fundamental que un servizo tan necesario como o de Protección Civil conte co equipamento e os materiais axeitados” e, nese sentido o novo vehículo supón un considerable avance.