subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Novo vehículo para a Policía Local de Oroso.


orosoO alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o xefe de Policía Local de Oroso, Jesús Martínez, recolleron un novo vehículo policial para o municipio de mans do Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Do Campo. Un acto celebrado esta mañá na Cidade da Cultura e no que se entregaron un total de catorce vehículos a outros tantos municipios coruñeses: Ames, Boiro, Carnota, Cariño, Cee, Corcubión, Fisterra, Melide, Muros, Ordes, Oroso, Porto do Son, Ribeira e Teo.

O novo vehículo conta con mellores sistemas de seguridade, tanto activa como pasiva, e presenta uns custos por mantemento moito menores co coche de patrulla actual de Oroso. Deste xeito refórzase a colaboración entre a Xunta e os Concellos para mellorar os servizos de seguridade e de xestión de emerxencias de Galicia.