subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Restricións de tráfico e de estacionamento este sábado 28 de febreiro por mor do I Gran Premio Concello de Oroso de ciclismo.


Non se poderá aparcar nas rúas Camiño Inglés, Cultura e avenida da Grabanxa (29-35 e 40-46), entre as 7:00 e as 19:00 horas.

O Concello de Oroso informa de que este sábado 28 de febreiro, entre as 16:00 e as 18:00 horas, estarán pechadas ao tráfico as estradas polas que discorrerán os participantes no primeiro Gran Premio Concello de Oroso de ciclismo: rúa da Cultura, avenida da Grabanxa, Penateixa, Igrexa, Oroso de Abaixo, Oroso Pequeno, polígono industrial (rúas Trazo e Ordes), avenida Álvaro Cunqueiro e Rúa Camiño Inglés. Así mesmo, estará prohibido estacionar vehículos na rúa Inglés, na rúa da Cultura e na avenida da Grabanxa (entre os números 29 e 35; e 40 a 46).

O Concello de Oroso informa de que nas rúas Pablo Iglesias, Deporte, Pontevedra, Vigo e Campo só se permitirán pasos intermitentes e sempre no caso de que o discorrer da proba así o permita, polo que se recomenda que aqueles veciños que precisen saír ou entrar cos seus vehículos o fagan antes do inicio da proba.

Desenvolvemento da proba

O I Gran Premio Concello de Oroso de ciclismo é unha competición federada organizada polo club ciclista Tambre Bike e o Concello de Oroso. Está dirixido unicamente a ciclistas federados máster (30, 40 e 50/60) e terá un percorrido de 64 quilómetros, con saída e chegada na rúa da Cultura de Sigüeiro.

As inscricións faranse o propio sábado 28 de febreiro, a partir das 15:00 horas, no Centro Cultural de Oroso. No momento da anotación pedirase a licenza Máster e se entregará o dorsal. As licencias federativas devolveranse aos participantes no momento que estes devolvan o dorsal á organización. O percorrido da proba transcorre integramente polo Concello de Oroso. Trátase de dar 12 voltas a un circuíto de algo máis de 5 kms sobre asfalto, con saída e chegada na rúa da Cultura (Sigüeiro).