subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso pon en marcha un novo parque infantil no paseo do río Carboeiro, a carón da piscina municipal de Sigüeiro.


orosoO Concello de Oroso vén de poñer en marcha un novo parque infantil no paseo do Río Carboeiro, situado a carón da piscina municipal de Sigüeiro. Unha nova instalación que conta cunha base de caucho e que dispón de bambán, tobogán e balancín, a mesma dotación colocada hai un par de semana no novo parque infantil de Oroso, instalado a carón da escola unitaria desta parroquia.

O novo parque infantil está situado a carón da zona de terraza da cafetería da piscina municipal de Sigüeiro, o que facilita a vixilancia dos cativos por parte dos pais. Isto supuxo o desprazamento da pista de skate, que se moveu unhas ducias de metros. Así mesmo, o Concello de Oroso tamén realizou unha significativa mellora no outro parque infantil do Río Carboeiro, situado a carón do Centro Cívico. Unha actuación que incluíu traballos de reparación e mantemento dos xogos que conforman un dos parques infantís máis grandes do municipio.

Coa apertura destes dous novos parques infantís, o Concello de Oroso continúa coa súa aposta por dotar de parques infantís a todas as parroquias do municipio. Así, en 2010 construíu tres novos parques a carón das unitarias de Senra, Deixebre e Trasmonte, ademais de remodelar e mellorar o situado na praza Alexandre Bóveda (Sigüeiro).