oroso Media ducia de nenos e nenas participaron no obradoiro sobre biodiversidade organizado polo Concello de Oroso para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente. Unha iniciativa na que os rapaces coñeceron a biodiversidade vexetal e animal de Galicia e, en concreto, do municipio onde residen. Ademais, coñeceron as distintas especies que se atopan en perigo de extinción, principalmente pola acción do ser humano, nunha exposición ubicada no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. " /> oroso Media ducia de nenos e nenas participaron no obradoiro sobre biodiversidade organizado polo Concello de Oroso para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente. Unha iniciativa na que os rapaces coñeceron a biodiversidade vexetal e animal de Galicia e, en concreto, do municipio onde residen. Ademais, coñeceron as distintas especies que se atopan en perigo de extinción, principalmente pola acción do ser humano, nunha exposición ubicada no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. " /> oroso Media ducia de nenos e nenas participaron no obradoiro sobre biodiversidade organizado polo Concello de Oroso para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente. Unha iniciativa na que os rapaces coñeceron a biodiversidade vexetal e animal de Galicia e, en concreto, do municipio onde residen. Ademais, coñeceron as distintas especies que se atopan en perigo de extinción, principalmente pola acción do ser humano, nunha exposición ubicada no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. " /> Concello de Oroso - Rapaces e rapazas de Oroso participan nun obradoiro sobre biodiversidade.
subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Rapaces e rapazas de Oroso participan nun obradoiro sobre biodiversidade.


oroso Media ducia de nenos e nenas participaron no obradoiro sobre biodiversidade organizado polo Concello de Oroso para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente. Unha iniciativa na que os rapaces coñeceron a biodiversidade vexetal e animal de Galicia e, en concreto, do municipio onde residen. Ademais, coñeceron as distintas especies que se atopan en perigo de extinción, principalmente pola acción do ser humano, nunha exposición ubicada no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro.

Despois desta primeira parte teórica, os rapaces realizaron unha manualidade consistente en construir unha bolboreta utilizando materiais de reciclaxe. Así, os pequenos utilizaron algodón e cartón para facer o corpo do insecto, que pintaron ao seu gusto. Mentras se secaba esta parte, os rapaces fixeron as ás da bolboreta utilizando papel que recurtaron e pintaron. Finalmente, a técnico de Medio Ambiente do Concello de Oroso, Paloma Blanco, encargada da impartición deste obradoiro, procedeu a pegar os detalles finais do insecto (antenas e patas feitas cun cordel).