oroso O Concello de Oroso vén de instalar os primeiros cinco contedores de recollida urbana de aceite de cociña usado. Uns recipientes de aceiro, cunha capacidade de 180 litros situados en Sigüeiro (na praza Isaac Díaz Pardo, na avenida da Grabanxa, na avenida Compostela e na rúa do Portiño) e outro máis na urbanización Porto Avieira." /> oroso O Concello de Oroso vén de instalar os primeiros cinco contedores de recollida urbana de aceite de cociña usado. Uns recipientes de aceiro, cunha capacidade de 180 litros situados en Sigüeiro (na praza Isaac Díaz Pardo, na avenida da Grabanxa, na avenida Compostela e na rúa do Portiño) e outro máis na urbanización Porto Avieira." /> oroso O Concello de Oroso vén de instalar os primeiros cinco contedores de recollida urbana de aceite de cociña usado. Uns recipientes de aceiro, cunha capacidade de 180 litros situados en Sigüeiro (na praza Isaac Díaz Pardo, na avenida da Grabanxa, na avenida Compostela e na rúa do Portiño) e outro máis na urbanización Porto Avieira." /> Concello de Oroso - O Concello de Oroso instala en Sigüeiro e Porto Avieira os cinco primeiros contedores de recollida de aceite de cociña usado.
subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso instala en Sigüeiro e Porto Avieira os cinco primeiros contedores de recollida de aceite de cociña usado.


Cada depósito ten unha capacidade de 180 litros e permitirán converter un residuo cun alto poder de contaminación en biocombustible.

Pepe Castro fai un chamamento á colaboración dos veciños xa que “non só evitarán a contaminación dos nosos ríos, senón que tamén poden colaborar a que este servizo sexa de custo cero para o Concello”.

oroso O Concello de Oroso vén de instalar os primeiros cinco contedores de recollida urbana de aceite de cociña usado. Uns recipientes de aceiro, cunha capacidade de 180 litros situados en Sigüeiro (na praza Isaac Díaz Pardo, na avenida da Grabanxa, na avenida Compostela e na rúa do Portiño) e outro máis na urbanización Porto Avieira.

O concelleiro de limpeza viaria, Pepe Castro, sinala que “dende o Concello de Oroso decidimos poñer en marcha esta iniciativa xa que os aceites de cociña usados constitúen un residuo moi común nos nosos fogares e cun alto poder de contaminación, xa que a maioría o tira polo vertedoiro e remata nos nosos ríos”. Unha reciclaxe para a que será fundamental a colaboración da poboación.

Aforro económico

Pero, ademais, Pepe Castro failles un chamamento especial aos veciños e veciñas de Oroso para que colaboren nesta iniciativa xa que “non só evitarán a contaminación dos nosos ríos, senón que tamén poden colaborar a que este servizo sexa de custo cero para o Concello”. O concelleiro explica que nestes primeiros momentos de posta en marcha desta iniciativa, o Concello de Oroso terá que aboarlle unhas taxas á empresa encargada da recollida do aceite. Ao tratarse dun residuo que pode ser reutilizado na fabricación de biocombustible, “se os veciños colaboran e acadamos un mínimo de litros que poidan recoller, o servizo de recollida sairía de balde para o Concello, o cal é moi importante nestes tempos de crise económica”.

Para iso, os veciños e veciñas de Oroso terán que separar o aceite usado nalgún recipiente nas súas casas e despois baleiralo nun destes cinco contedores instalados no municipio. Posteriormente, a empresa División Verde encargarase do baleirado dos contedores para o seu tratamento, que dará lugar á fabricación de biocombustible, que permitirá ademais unha redución entre o 50% e o 80% das emisións de hidrocarburos á atmosfera