subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso pon en marcha novas iniciativas para realizar actividad física dende a casa


orosoO Concello de Oroso en colaboración co Ximnasio Termópilas de Sigüeiro, co obxecto de seguir promovendo actividades físicas deportivas na casa, quere ofrecer a súa veciñanza de maneira programada as seguintes achegas durante o mes de abril:

- Vídeos semanais de actividades dirixidas
- Clases en directo Online de actividade física dirixida de diversas disciplinas: Stretchig, Ximnasia de mantemento, Latin Fit...

O horario das clases online sería: luns e mércores ás 20:15h.

Para poder seguir estas clases, será necesario descargar a aplicación zoom e solicitar a clave de acceso mediante un correo a: deportes@oroso.gal, onde se especifique o nome e lugar de residencia do usurio (non fai falta dirección completa).

Falarase tamén de diversos contidos especializados no ámbito do deporte e vida saudable: consellos, dietas Fit, táboas de exercicios, etc...

Esperámosvos mañá mércores coa primeira sesión.

Contamos con todos vós, e se tes algunha dúbida podes poñerte en contacto co departamento de Deportes do Concello.

Moito ánimo! #EuAdestroNaCasa