subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Novo éxito do Club Leones de Béisbol de Oroso


orosoOs equipos sub 13 e sub 18 estiveron no Campionato Nacional Interclubes. Alí, o equipo Sub 13 gañou a Orioles de Oviedo e Junior de Xixón. O Sub 16 ao Junior de Xixón. Con estas victorias, aumentan as posibilidades de que os rapaces e rapazas de Oroso sexan invitados ao campamento anual da LMB en España.

Os partidos foron en Oviedo, a onde os nenos e nenas do club desprazáronse co apoio do Concello de Oroso. Ademáis, en novembro as nenas do club estiveron nun Tryout celebrado na Coruña. Catro delas teñen opción de ir á Selección Española.

Máis de 68 persoas practican béisbol no club, 45 delas nenos e nenas. Noraboa polo voso esforzo!