Nova iluminación para o Tenis de Mesa
Rematado o cambio de iluminación no espazo para practicar tenis de mesa dentro do pavillón de deportes do Complexo Deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro.
A actuación consistiu na substitución das antigas luces por outras novas con tecnoloxía LED.
“Unha nova actuación que permite a mellora na práctica do tenis de mesa e facilita o labor dos clubs do noso concello”, afirma o concelleiro de Deportes de Oroso, Antonio Leira, que destaca “a eficiencia da medida e o aforro que suporá para as arcas municipais”.
O mes pasado, o concello adicou un investimento de case 15.000 euros ao cambio de preto de 50 puntos de luz no campo principal do pavillón, o que permitirá un aforro do 70%, cunha maior calidade de luz que evitará as sombras que a iluminación anterior tiña.