subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso estrea un documental audiovisual sobre a industria e a actividade económica municipal


orosoO Concello de Oroso estrea este sábado pola tarde un documental audiovisual sobre a industria e a actividade económica municipal. Será ás 20:30 horas no pavillón municipal de Sigüeiro, nun acto no que intervirán o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e o economista e senador Xoaquín Fernández Leiceaga, que falará sobre 'Os retos da economía galega'.

“Pronto abriremos o terceiro polígono industrial, Oroso ten un forte potencial e unha gran demanda por parte de empresas interesadas en instalarse aquí”, afirma Mirás.

“O enlace sur da AP-9 reforzou ainda máis a nosa posición estratéxica, Oroso está moi ben comunicado e formamos parte da rede de concellos Doing Business de Galicia”, engade o alcalde.

A xornalista Susana López Carbia presentará o acto do sábado e haberá unha actuación musicial de Rosa Cedrón. Entrada libre ata completar aforo.