subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso aproba unha partida de máis de 50.000 euros para o mantemento das infraestruturas deportivas e para mellorar servizos culturais


“Máis de 1.300 persoas practican deporte en Oroso e desde o concello temos que ter as portas abertas para atender as demandas das entidades que traballan neste eido e no cultural”, asegura Antonio Leira

orosoO Concello de Oroso aprobou nun pleno extraordinario e urxente un modificativo de crédito de 50.251 euros para afrontar diferentes gastos de mantenemento nas infraestruturas deportivas e axudar aos clubes locais, así como para mellorar servizos culturais e de ocio.

“Temos moitas demandas e queremos cumprir cos clubes, que necesitan material e unhas infraestruturas adecuadas; con este modificativo axudamos á práctica do hoquei, patinaxe, tenis de mesa, baloncesto ou fútbol, por poñer varios exemplos”, afirmou no pleno o portavoz do grupo de goberno, Antonio Leira.

“Máis de 1.300 persoas practican deporte en Oroso e desde o concello temos que ter as portas abertas para atender as demandas das entidades que traballan neste eido”, afirma Leira.

Ademais do investimento en deportes, parte do modificativo irá para melloras en servizos de ocio e culturais, “co obxectivo de completar unha programación diversa, con actividades, cursos e obradoiros nos que participan moitos veciños e veciñas”.

Os 50.251 euros proceden doutras partidas menos urxentes a día de hoxe, “e lamentamos o voto en contra de Oroso Renovable é PP, que non queren ver o que supón esta axuda ao deporte e a cultura”.

O pleno foi urxente e extraordinario porque o concello estaba pendente da incorporación do interventor municipal tras uns días fóra. Por outra parte, a sesión non podía coincidir coa de mañá, convocada para fixar as mesas electorais do 10 de novembro, xa que a lexislación o impide.