subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso organiza mañá martes un curso gratuíto de como utilizar os novos teléfonos móbiles dirixido á terceira idade


 

O Concello de Oroso organiza mañá martes 4 de abril unha nova sesión dos seus “Martes saudables”, que nesta ocasión informará aos maiores sobre como utilizar os novos teléfonos móbiles. Unha sesión de carácter gratuíta que terá lugar no Local da Terceira Idade de Sigüeiro, en horario de 17:00 a 19:00 horas. Máis información e inscricións nos Servizos Sociais ou no teléfono 981 688 950.