subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Máis de 150 veciños e veciñas ateigaron o centro cultural de Sigüeiro na representación do Belén Vivente da Gardería da Ulloa.


Participaron 40 cativos e cativas menores de 3 anos.

orosoMáis de 150 veciños e veciñas de Oroso ateigaron esta tarde o auditorio do centro cultural de Sigüeiro durante a representación do Belén Vivente, que correo a cargo de 40 meniños e meniñas da escola infantil da Ulloa e que este ano chegou á súa decimoterceira edición. Na representación, de apenas media hora de duración, participaron 40 pequenos, todos eles menores de tres anos, vestidos con traxes de labregos, panadeiros, pescadores, lavandeiras, pastores, anxos e estrelas, así como de Virxe María, San Xosé e Reis Magos.

Uns papeis que os mestres ofreceron ás familias de acordo coa idade dos pequenos, diferenciando aqueles nos que é preciso saber andar dos que non. Así, os bebés foron as estrelas dende os seus berces, mentres que as personaxes principais eran interpretados polos neno e nenas de case 3 anos. Salvo os traxes da Virxe, San Xosé e os Reis, dos que dispón a gardería, os demais son elaborados polas familias.

Ao igual que nas tres últimas edicións, as mestras da gardería deixaron a narración do conto nas voces de varios “antigos alumnos”, que nestes intres teñen irmáns pequenos na gardería e que quixeron participar na representación. A representación desenvolveuse con total normalidade, o que incluíu os típicos choros dalgúns dos pequenos/as.