subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Vinte veciños e veciñas de Oroso participaron nun curso de manipulador de alimentos.


orosoUn total de 20 veciños e veciñas de Oroso participaron nun Curso de Manipulador de Alimentos, celebrado esta mañá centro cultural de Sigüeiro. Trátase dun curso homologado pola Dirección Xeral de Saúde Pública que permitiu aos participantes conseguir ou renovar o carné de manipulador de alimentos, que lles faculta para obter traballo en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos tanto no sector hostaleiro (camareiros, panadeiros, dependentes de ultramarinos), como alimentario, comedores escolares...

Durante as tres horas do curso, os alumnos adquiriron os coñecementos, as destrezas e as aptitudes precisas para unha correcta manipulación de alimentos, así como as técnicas axeitadas de hixiene e sanidade alimentaria que impidan calquera tipo de alteración nos alimentos. Entre outras cousas, os alumnos e alumnas de Oroso aprenderon a importancia da hixiene persoal, a importancia da roupa de traballo e os riscos que o propio corpo humano pode supoñer como fonte de contaminación. Ademais, achegáronse ás principais enfermidades de transmisión alimentaria e coñeceron tanto os procedementos de limpeza e desinfección como as condicións óptimas para o almacenamento dos alimentos.