Manuel Mirás fai entrega dos 300 euros do premio do Concurso de Tapas a Adega O Ribeiro.
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Cultura, Antonio Leira, fixeron entrega na noite de onte luns dos premios da cuarta edición do Concurso de Tapas de Oroso, no que participaron dezaseis establecementos hostaleiros do municipio. María Xesús Fernández, de Adega O Ribeiro, recolleu o seu diploma acreditativo e os 300 euros do premio pola súa “Croqueta de marisco”, que conseguiu 65 dos 350 votos emitidos.
Esta é a terceira ocasión na que María Xesús Fernández recolle este premio, pois tamén gañou as edicións de 2011 e 2010. O segundo clasificado foi Tapería O Martán, con 62 votos; e o terceiro Bar Tapas, campión da edición de 2012, con 41 votos.
Outros premios
Por outra banda, Manuel Mirás e Antonio Leira fixeron entrega dos premios aos clientes que participaron no sorteo do concurso de tapas de Oroso. Os premios foron: un bono dobre para Termaria Casa da Auga na Coruña (Montse Rivera Moure. Oroso); un bono dobre para Termaria (Mª Raquel López Ares. Sigüeiro); un circuíto termal dobre no Balneario Compostela (Paco Domínguez Noya. A Barciela-Santiago); un bono de beleza dobre en Sanmar estilismo (Avelino Carollo Otero. Marantes); unha cea para dúas persoas na Tapería O Martán (Virginia Ríos Antelo. Sigüeiro) e unha cea para dúas persoas no Bar Tapas (Víctor Manuel Sánchez Mariño. Trazo). Por último, os gañadores dunha botella de viño Magnum Lan son Mª Teresa Márquez Neira (Sigüeiro), Javier Alonso Fuentes (Oroso), Jesús Martínez Cores (Sigüeiro), José Luis Grela Mirás (Sigüeiro), Montse González Pichel (Oroso) e José Manuel Fernández López (Sigüeiro).
Esta cuarta edición do concurso de tapas de Oroso caracterizouse polo incremento da participación, cun total de 350 votos válidos, o que supón que durante os catro días do concurso se degustaron cando menos 3.150 tapas en Oroso. Unha cifra que supón un incremento do 56,9% en participación con respecto a 2012. Os 16 establecementos participantes foron: Cervexería O Xesto, Adega O Ribeiro, O Café de Manuela, X Que No?, Bar Tapas, Pizzería Hassan, Hostal Mirás, Mesón Tambre, O Rodeo, Restaurante Cortés, Nova Xeira e Tapería O´Martán, todos eles de Sigüeiro; e Bar O Zapateiro (de Senra), Bar Viúda de Blanco (Senra), Bar Stop (Oroso) e Restaurante Liñares (Vilacide-Oroso).