Un total de 28 veciños e veciñas de Oroso, Trazo e Ordes participaron nun curso de manipulador de alimentos organizado polo Concello de Oroso.
A concelleira de comercio, Vanessa Reboredo, fixo entrega dos diplomas acreditativos do curso de manipulador de alimentos organizado polo Concello de Oroso e no que participaron un total de 28 veciños e veciñas de Oroso, Trazo e Ordes. Un alumnado que traballa ou desexa traballar en almacéns de distribución de alimentos, supermercados, bares, axuda no fogar, residencia da terceira idade...
Ao acto de entrega dos diplomas, xa que se trata dun curso homologado pola Dirección Xeral de Saúde Pública, asistiron gran parte dos alumnos e alumnas participantes. Este curso, impartido por Recursos Galicia SL, tivo lugar o sábado 15 de outubro no centro cultural Fernando Casas e Novoa. Nel tratáronse asuntos relacionados coa nutrición e coa hixiene e manipulación dos alimentos. Ademais, analizáronse os métodos para a conservación dos alimentos e os riscos que leva consigo a súa alteración.