Obradoiros Culturais 2020-2021
O Concello de Oroso abre ata o 30 de outubro o prazo de inscrición nos cursos dos Obradoiros Culturais 2020/2021.
Os Obradoiros Culturais inclúen clases de patchwork, traballos manuais e debuxo e pintura (infantil e adultos), pode consultar toda a información no seguinte enlace da páxina web.
A Concellería de Cultura saca a inscrición estas actividades culturais porque, tomando todas as medidas de seguridade, considera que se poden levar a cabo. Serán grupos reducidos con non máis de dez persoas por grupo, polo tanto as prazas serán limitadas.