subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Teatro en Oroso con 'BERNARDA'


orosoEste venres, ás 21:00 horas no centro cultural de Oroso, BERNARDA. Unha obra dirixida a un público adulto, a partir de 14 anos. Aforo limitado, polo que é imprescindible inscribirse!!

BERNARDA é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos na nosa contorna a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos, vemos a realidade de forma totalmente diferente.

A obra reflexiona sobre estes temas... cando somos fillos queremos romper coas normas que nos impoñen, e cando somos pais vémonos na obrigación de ser nós os que as impoñamos, polo seu ben, e ese choque entre xeracións que conviven na mesma casa é inevitable.