subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Obradoiro gratuito de Arte Floral.


orosoO Concello de Oroso ofrecelle os veciños e veciñas un obradoiro de arte floral de Nadal, que terá lugar ao longo do mes de decembro. Trátase dun obradoiro formativo que o Concello de Oroso organiza para dar demanda as peticións recibidas pola veciñanza.

O obradoiro impartirase os días 4, 11, 18 e 23 de decembro en horario de 17 a 19 horas no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro.

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no rexistro do concello e terán como data límite o 27 de novembro, tendo preferencia as persoas empadroadas no concello. As prazas serán asignadas por orde de rexistro de entrada e son limitadas.

Máis información no centro cultural ou no teléfono 981 69 09 03.

[Descargar solicitude de inscrición]