subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Biblioteca Municipal de Oroso pechará ata o 15 de novembro para adaptarse á súa entrada na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.


 

A Biblioteca Municipal de Oroso estará pechada ao público os días 10, 13, 14 e 15 de novembro debido aos traballos de adaptación ao novo programa de xestión, froito da súa integración na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. O concelleiro de Cultura, Luís Rey Villaverde, lamenta “as molestias que este peche poida ocasionar aos socios e socias da biblioteca pero son uns cambios necesarios e que traerán múltiples vantaxes como acceder a un maior catálogo de títulos ou consultalo a través de Internet”.

Coa integración da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, os socios e socias orosáns poderán acceder aos servizos de todas as bibliotecas integradas no programa así como a un catálogo colectivo con todos os fondos dispoñibles para a súa consulta por Internet. Isto tradúcese na posibilidade de sacar ou reservar libros en calquera biblioteca de calquera cidade que estea asociada a Rede; así como facer consultas online comodamente dende as súas casas.