subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Máis de trescentas persoas participan no V Festival Folclórico do Concello de Oroso.


orosoMáis de trescentos veciños e veciñas participaron esta fin de semana na quinta edición do Festival Folclórico do Concello de Oroso que, por cuestións climáticas, tivo que cambiar o seu tradicional escenario do Paseo do Carboeiro polo patio cuberto do CEIP do Camiño Inglés. Un certame no que participaron as agrupacións Lembranzas do Tambre, Buxos Verdes, Néboas no Cumio e Cantigas e Agarimos.

Os chuvascos caídos durante toda a xornada respectaron, cando menos, a celebración do xantar popular, que si puido ter lugar no Paseo do Carboeiro. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e a presidenta da Cámara Municipal de Góis, María Lurdes Oliveira Castanheira, foron os encargados de dar a benvida a público e participantes e de desculpar o cambio de escenario. Cada agrupación musical interpretou entre cinco ou seis temas, que fixeron as delicias de todos os presentes.