subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Coro da Escola de Música José Verea accede á segunda fase de ‘Quero Cantar’.


orosoO Coro da Escola de Música José Verea de Oroso logrou o pase á segunda fase do concurso musical infantil e xuvenil ‘Quero Cantar’, que organiza a Deputación da Coruña. Esta agrupación formada por xente nova de Oroso presentouse ao certame coa canción ‘Benvido a Hawai’.

Os aspirantes de Oroso son un dos sete grupos escollidos polo xurado do concurso, integrado por persoas con recoñecida experiencia e coñecemento no ámbito musical: Andrea Porto, Manuel Maseda, Paula Romero, Sonia Lebedybski e Xiana Lastra.

Na fase final, poderán optar ao primeiro premio do concurso, consistente na gravación dun videoclip da canción gañadora e en 1.500 euros de material musical e produtos culturais. O segundo premio é de 1.000 euros en material musical e produtos culturais. E o teceiro outorga artigos semellantes por un importe de 500 euros.