subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso felicita aos cadetes do Xuventude Oroso, campións da Copa do Sar.


orosoO Concello de Oroso felicita aos rapaces do Xuventude Oroso, que se proclamaron campións da Copa do Sar Cadete disputada esta fin de semana no campo da Cañoteira (Santiago). Os orosáns proclamáronse campións dende o punto de penalti, logo de que a final xogada contra o Santiago CF rematara con empate a dous goles.

O Xuventude Oroso impuxo o seu xogo durante o primeiro tempo do partido, chegando a adiantarse con dous goles de Darío, pero o Santiago CF conseguiu remontar o resultado e levar a final ata o punto de penalti, onde os orosáns se amosaron máis acertados. Os cadetes do Xuventude Oroso recibiron os seus premios de mans do presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e compartiron o trofeo cos veciños e veciñas de Oroso na tradicional celebración na fonte da Praza da Foca.

Esta vitoria pon o broche de ouro a unha temporada excepcional nas escolas deportivas Xuventude Oroso, que o próximo xoves 22 de xuño será distinguido pola Federación Galega de Fútbol co Premio ao Fútbol Base da demarcación de Compostela. Un premio que será entregado dentro da Gala do Fútbol Galego 2017, que terá lugar no Pazo de Congresos de Compostela este xoves a partir das 20:15 horas.