subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O centro cultural de Sigüeiro acolle este venres o espectáculo “A maxia de Carlos Casares”, do ilusionista Martín Camiña.


orosoO centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acolle este venres 19 de maio, ás 18:00 horas, o espectáculo “A Maxia de Carlos Casares”, do ilusionista Martín Camiña. Unha actuación dirixida especialmente a nenos e nenas maiores de 6 anos e de entrada totalmente libre e de balde.

“A maxia de Carlos Casares” é un espectáculo máxico e literario, cargado de ilusións sustentadas na narrativa, ensaio e as sorpresas da vida e a obra de Carlos Casares. Desde “Vento ferido” ata “O sol do verán”, pasando por “As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas”, Martín Camiña xera unha trama tecida na arte do encantamento das palabras de Carlos Casares.

Con esta actuación, o Concello de Oroso pecha o seu programa especial das “Letras Galegas 2017”, á espera da resolución do XII Concurso de Marcapáxinas. Un programa que incluíu tamén o espectáculo “Mergullámonos?”, unha actividade de narración oral, música e danza a cargo de Andrea Vázquez.